RIBADEO .- A terceira edición do concurso de tapas Ribadeo de tapeo que organiza a Área de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo e a Área de Cultura da Deputación, celebraráse do 16 ao 24 de maio.
O Concello está a enviar cartas aos hosteleiros para informalos da convocatoria. O prazo de inscripción para participar estará aberto ata o 15 de abril.
Os interesados deberán presentar o boletín de inscripción debidamente cumprimentado, indicando o nome da tapa e deberá ir co selo do establecemento. Xunto co boletín terán que achegar a receita da tapas ou tapas en formato dixital incluindo os ingredentes e as cantidades e pasos seguidos para a súa elaboración, e tamén un texto descriptivo do establecemento poñendo o ano de fundación, as súas especialidades, tipo de cociña e todas aquelas cousas que consideren importantes.