XOVE .- Na localidade de Vilachá, o sábado pasado, celebrouse a tirada número quince da liga de bolos do concello de Xove, cunha participación de 29 xogadores das ligas de maiores da Sub 18.
Liga de Maiores.- Só quedan tres tiradas para rematar o campionato e inda queda todo por decidir; as dúas primeiras prazas está practicamente nas mans de Arturo Vigo e José Rafael González, o que de aquí ao final pode cambiar e a posición, dado que Rafa está só a 9 puntos do líder. Terceiro continúa Ginés Rodríguez con 86 puntos, e unha renda moi sólida de 15 e 17 puntos sobre o cuarto e quintos clasificados, Luis Rancaño e Augusto Albo con 71 e 69 puntos respectivamente. A tirada celebrada este pasado fin de semana en Vilachá non aclarou nada, só que o lider ampliou un pouco a súa vantaxe sobre o segundo clasificado.
Liga Sub 18.- Se a vitoria final ninguén lla discute a Andrés Rodríguez, que inda non é matematicamente campión pero sí o pode ser a vindeira xornada, a liorta está para a segunda e terceira posición, postos que neste intre ocupan Jose Vigo e Adrián Bouso con 47 e 41 puntos respectivamente; neste caso, Adrián Bouso está apertando moi forte, dado que conseguiu tres vitorias nas catro últimas tiradas, inda que Jose Vigo está defendéndose ben con excelentes actuacións, 2 segundos e 1 primeiros postos nas catro últimas tiradas.
Polo tanto, tanto nunha como na outra, inda queda moita chicha por cortar nas dúas ligas, polo que, como ven sendo tradicional nos últimos anos, ata o final teremos emoción.
Debido ao pasado temporal e ao aprazamento dunha xornada pola celebración da Liga de Bolos da Federación Galega, o calendario de tiradas restante é o seguinte:
SÁBADO, 14 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
DOMINGO, 15 DE MARZO .- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 21 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXª TIRADA DE BOLOS COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.