Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición pública no Concello de Ribadeo bens e dereitos afectados pola subestación de Piñeira

RIBADEO .- (FNC) O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que desde hai dous días está exposta ao público no Concello a relación de bens e dereitos afectados pola construcción da subestación eléctrica en Piñeira. O rexedor asegura que “se atopa colgado no taboleiro de anuncios do Concello un oficio de revisión que o delegado provincial de Innovación e Industria, Ramón Cortés, nos remite para a súa exposición ao público no que ten que ver coa instalación da subestación eléctrica nuns montes en man común na parroquia de Piñeira”.
Fernando Suárez engade que “o solicitante desta subestación é E.ON Distribución S.L que é a propietaria de Begasa e esto está referido únicamente á ubicación da subestación eléctrica segundo reza na propia resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo, polo que se somete a información pública esta solicitude de autorización administrativa. Vai haber un prazo de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da última publicación ou da última notificación individual. Entendemos que esto aínda non saiu publicado no DOG nin no BOP, entón estes 20 días seguramente se poidan demorar unhas xornadas máis porque contarán a partires dese momento”.
O rexedor de Ribadeo engade que “a maiores debemos decir desde o Concello que aínda non se recibiu nada sobre o que ten que ver co trazado da liña e neste caso o Concello reitera a súa intención de que tamén se expoña aquí e non só na Delegación de Industria, tal e como lle fixemos chegar nun escrito hai semanas ao delegado provincial, sabendo que quen tramita estes expedentes é a propia Xunta de Galicia e en función de quen insta á construcción desta subestación que é E.ON Distribución S.L que é a propia Begasa”.

Exit mobile version