Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación confirma a inclusión dunha obra no plan adicional do POS para Burela

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de anunciar que no Concello “acabamos de recibir unha comunicación da Deputación Provincial de Lugo confirmando, o que nós xa dixemos no seu día, que a renovación da iluminación pública no parque Rosalía de Castro da nosa vila está incluída no plan adicional do POS”.

Llano sinala que “se pon de manifesto unha vez máis o compromiso da institución provincial con Burela e queda aclarado aínda máis que o que nós manifestamos hai semanas era certo, a pesares de que algúns insistiron en decir o contrario durante bastante tempo”.

Exit mobile version