Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Sanidade de Cervo contraria a que lle cambien o médico aos veciños sen avisalos

CERVO .- A responsable municipal de Sanidade do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, recolleu queixas de veciños de Rúa, San Román e Trasbar,  aos que lles están a cambiar o médico de cabeceira sen ter recibido ningún tipo aviso nin recabar a súa autorización previa. Pedreira asegura “coa saúde non se xoga” e discrepa das formas que está a empregar o Servizo Galego de Saúde.

Nota de Prensa

O cambio de médico efectuouse sen que se lles dera opción de escoller entre o ambulatorio de Cervo ou o Centro de Saúde de San Ciprián, coartando a liberdade de elección do profesional sanitario que entendan por máis conveniente.

YOLANDA PEDREIRA FAISE ECO DAS QUEIXAS DOS VECIÑOS DE RÚA, SAN ROMÁN E TRASBAR AOS QUE SE LLES ESTÁ A CAMBIAR O MÉDICO DE CABECEIRA SEN AVISO NIN AUTORIZACIÓN PREVIA

•    Para a edil popular o comportamento do SERGAS denota certa precipitación e improvisación algo que non é aceptable cando se trata dun asunto tan delicado como é o que afecta á saúde das persoas.

Cervo, 20 de marzo de 2009.- A edíl de Sanidade do Concello de Cervo Yolanda Pedreira vén de facerse eco das queixas dos veciños de Rúa, San Román e Trasbar,  aos que se lles está a cambiar o médico de cabeceira sen ter recibido ningún tipo aviso nin recabar a súa autorización previa. Moitos dos veciños desta parroquias que estaban adscritos ao Centro de Saúde de Burela non poden solicitar hoxe a súa cita para consulta ou receitas co seu médico habitual xa que foron derivados ata o Centro de Saúde de San Ciprián. A diferencia do que é propio nestes casos, ningún deles recibiu unha carta informativa nin tampouco foron consultados respecto deste cambio, nin sobre a posibilidade de optar entre o Centro de Saúde de San Ciprián ou o que ten seden na capital municipal (Cervo). Este último é moito máis próximo e accesible para gran parte dos veciños afectados pero nin tan sequera se deu esta opción.

Yolanda Pedreira explica que moitos destes veciños atopáronse co cambio de médico cando intentaron solicitar a súa cita vía telefónica ou por internet. “Incluso déronse casos nos que o paciente trasladouse ata Burela e alí o médico indicoulles que xa non os podía tratar. Afortunadamente, e grazas á profesionalidade deste doutor, evitoulles ter que desprazarse novamente a San Ciprián e atendeulles por última vez”

A edíl do Partido Popular cuestiona as formas que está a empregar o Servizo Galego de Saúde. De feito entende que denotan que estamos ante un acto improvisado e precipitado que non debera producirse deste xeito, en especial, tendo en conta que se está a falar dun ámbito tan delicado como é o da saúde das persoas e a libre elección do profesional médico que ten por obxecto a súa vixilancia e protección. “Coa saúde non se xoga”- concluíu Yolanda

Exit mobile version