Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Educación de Burela puntualiza ao PP sobre o Consello Escolar

Nota de Prensa

En resposta ás contínuas acusacións do grupo municipal do PP ao goberno burelés, gustaríame facer algunhas puntualizacións:

–    O PP afirma que o próximo pleno a celebrar o 26 de marzo deste ano non tén contido posto que o punto que figura na orde do día referido á creación do Consello Escolar Municipal parécelles de pouca importancia. Teño que dicir a isto que se a creación dun órgano de participación democrática tan trascendental para o mundo da educación lles parece algo pouco importante, iso xa dí bastante acerca do que o PP tén en conta a opinión das persoas.
–    O grupo municipal do PP afirma tamén que este Consello xa existía e que nós non fomos capaces de convocalo no temo que levamos no goberno. Con respecto a isto teño que dicir que eu, como Concelleira de Educación, non puiden convocalo porque hai case dous anos que busco algún documento oficial que certifique que este Consello foi convocado e esa búsqueda foi totalmente inútil. Con isto quero dicirlle ao Partido Popular, que adoita presumir de moi traballador ao tempo que nos acusa a nós de vagos, que o traballo, aínda que leve máis tempo, hai que facelo ben, porque senón corremos o risco de que todo o que fagamos non serva para nada. É dicir, un Consello Escolar Municipal só tén un protocolo para a súa creación e funcionamento e este protocolo non foi seguido polo anterior equipo de goberno (PP), xa que non aparece ningún documento oficial (actas de reunións, certificado de creación, regulamento de funcionamento…) que acredite que se fixo tal traballo. Todo isto significa que nós tivemos que facer o traballo de novo, pero iso si, esta vez fixémolo ben, posto que, até o de agora seguimos todo o protocolo. E iso fixémolo asesorándonos con un asesor técnico do Consello Escolar de Galicia.
Lucía Bouza Orosa. Concelleira de Educación

Exit mobile version