Unha vez retirada a maleza e os restos forestais que cubrían o leito do río, de xeito especial, despois dos temporais dos últimos meses, advertiuse a presenza de múltiples entullos, ferros e incluso algún frigorífico e lavadora no que vén a ser un vertedoiro incontrolado parcialmente oculto baixo a terra. As brigadas municipais encheron tres camións con estes residuos para levalos a un punto de tratamento, recuperación ou almacenaxe segundo corresponda.
Os traballos de limpeza dos leitos fluviais ofrecen unha imaxe fermosa dos espazos naturais do concello, que son empregados por moitos veciños e visitantes para facer sendeirismo. Ao mesmo tempo constitúen unha garantía de seguridade ante posibles incendios forestais ou crecidas do nivel da auga no río. Principalmente se trata de retirar as herbas e a maleza pero, noutras ocasións atópanse con este tipo de desagradables vertidos.
A nova imaxe que presenta cada un destes espazos é moi positiva, quedando para uso e goce dos veciños e como símbolo do compromiso do Goberno municipal polo medio ambiente.