Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación O Tesón de Ribadeo quere que o Concello pida que se corrixan erros en Google maps

RIBADEO .- A asociación de veciños O Tesón de Ribadeo pide que o Concello interveña para que se corrixan erros que afectan a Ribadeo no servizo Google maps. A solicitude de O Tesón xurde despois de comprobar que as xestións que eles mesmos realizaron para subsanar o problema non deron resultado. O Tesón cita como erros a descrición e de Río de Rimbambo por Ría de Ribadeo e Obeso Por Obe
Nota de prensa

AVV O Tesón

Hai tempo que en Google maps, o mapa máis visitado na web a nivel mundial, aparecen diversas incorreccións sobre Ribadeo. Por exemplo:

Río de Ribambo (por Ría de Ribadeo)

Obeso (por Ove)

De xeito particular tentamos contactar cos xestores do mapa para a corrcción. Pasado o tempo, segue sen ser atendida a demanda de corrección e estimamos que se está a facer un fraco favor a Ribadeo con ese desaguisado.

Houbo en tempos outros erros relacionados con Ribadeo en dita web, como o que figurara a entrada dende Galicia nas rotondas de Vilaselán. Segue a haber outros erros menores, como o que non apareza mención á praia das Catedrais, pero coidamos que co primeiro exemplo é abondo como para solicitar unha actuación do concello para que sexa amañada. Volta a achegarse a época de fortes desprazamentos nos que o efecto negativo do ‘río de Ribambo’ debe de desterrarse; dito sitio en internet ten moitos máis accesos que poda ter calquera outro sitio de Ribadeo, tendo a capacidade de aportar abonda máis información e dar unha visión de Ribadeo non acorde coa realidade nin cos intereses do pobo, o que consideramos grave.

Por iso solicitamos do concello a súa intervención para que se corrixa ise erro de hai anos.

Aproveitamos asemade para lembrar que mañá domingo 29 de marzo, de 12 a 14, nas catro calles, farase a distribución ós socios de libros ‘Sobre os Castros de Ribadeo’  de José Mª Rodríguez.

http://o-teson.blogspot.com/

Blogs relacionados (non oficiais):
http://ribadeando.blogspot.com/
http://cargadoiro.blogcindario.com/

Exit mobile version