Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación O Castro de Foz pide a construción dunha depuradora

Colectivos e entidades denunciaran vertidos sen depurar a ría de Foz o pasaddo ano

FOZ .- A asociación de veciños O Castro de Foz “require a rápida construción da nova EDAR” e aseguran que con esta iniciativa “non queremos entrar en polémica nin co Concello nin con outros colectivos”. Desde O Castro explican que “enténdese que esta vila precisa dunha estación depuradora de augas residuais con suficiente capacidade para as súas necesidades, xa que está máis que demostrado que os sistemas actuais son do todo inadecuados xa non só para situacións excepcionais, senón tamén para a normalidade da vida cotiá do noso pobo.”.

Nota de Prensa
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz require a rápida construción da nova EDAR
Á vista das informacións publicadas nos medios de comunicación con respecto á construción dunha nova EDAR para o concello de Foz, a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz quere facer partícipes a todos os cidadáns, asociados ou non, a súa postura. Desde “O Castro” enténdese que esta vila precisa dunha estación depuradora de augas residuais con suficiente capacidade para as súas necesidades, xa que está máis que demostrado que os sistemas actuais son do todo inadecuados xa non só para situacións excepcionais, senón tamén para a normalidade da vida cotiá do noso pobo.
Non queremos entrar en polémica nin co Concello nin con outros colectivos do noso pobo, pero o que si queremos é o mellor para Foz e iso pasa requirindo ás Autoridades e Organismos competentes para que procedan á inmediata construción dunha nova EDAR no lugar que os informes técnicos consideren idóneo, xa que é un ben común para o pobo e un interese colectivo, superior ó interese particular que calquera cidadán poda ter.

Exit mobile version