RIBADEO .- (FNC) Son 65 os vendedores ambulantes que nesta xornada teñen ao día os seus pagos co Concello de Ribadeo para poder montar mañá os seus postos no mercado semanal. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “o resto non poderán participar nesta cita ata que abonen polo menos todos os pagos correspondentes ao 2008. Si fose así poderían montar xa, senón deberán pagar primeiro para voltar a participar no mercado dos mércores de Ribadeo”.