Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa están operativos os desfibriladores da Casa da Cultura, do pavillón e do concello de Burela

BURELA (FNC) .- Concello, Casa da Cultura e Pavillón Polideportivo de Burela contan xa con desfibriladores semiautomático. A edil de Sanidade, Sonia Fraga asegura que “deste xeito queremos aumentar a seguridade sanitaria dos nosos habitantes. Os desfibriladores foron colocados en cabinas con dispositivo de alarma sonora, para que en caso de emerxencia, ó abrir a cabina para cóllelo o DESA poñería en alerta ós presentes”.

Cada desfibrilador conta con tarxetas, baterías, kit de RCP, rasurador, mascarilla para dar aire, guantes de vinilo, cánulas de gueddel…..

Exit mobile version