SANTIAGO.- A organización ecoloxista ADEGA organiza as III Xornadas de Voluntariado Ambiental, coa intención de recuperar zonas fluviais e charcas para axudar a manter a poboación de anfibios e outras especies que axuden a mellorar a manter a paisaxe rural.
NOTA DE PRENSA.
De anfibios, charcas e persoas
ADEGA-PROXECTO RÍOS ORGANIZA A III XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL DO PROXECTO “POZOS DE CASTIEXAS”
Santiago de Compostela, 12 de febrero de 2009. O Proxecto Ríos que promove ADEGA en colaboración coa Fundación Territori i Paisatge da Obra Social de Caixa Catalunya, desenvolve o proxecto de custodia do territorio denominado “Experiencia piloto de recuperación de charcas para anfibios”. A actuación desenvolverase nunha finca particular, cunha extensión de 1,3 Ha, cedida en custodia para tal finalidade, situada no concello de Montederramo (Ourense). Co Proxecto dos Pozos de Castieixas o Proxecto Ríos plantexase un doble obxectivo, manter este elemento singular da paisaxe galega e contribuir a conservación dos anfibios.
O convenio coa entidade catalá é o segundo que realiza ADEGA, xa que foi esta mesma entidade, a que colaborou cunha axuda inicial na posta en marcha do Proxecto Ríos. Naquela convocatoria editouse o material do Proxecto Ríos e nesta ocasión servirá de impulso para implantar unha novedosa experiencia de custodia e voluntariado ambiental.
O proxecto pretende servir de chamada de atención sobre o serio declive que en todo o planeta están sufrindo os anfibios. A regresión débese a alteración e destrucción dos seus hábitats naturais así como a introducción de especies invasoras, entre outras causas. Porén, tamén están desaparecendo anfibios en espazos naturais donde non houbo impactos. En Galiza a desaparición dos anfibios débese a diversos factores en función da situación xeográfica: No interior ourensán, unha das principais amenazas é o abandono rural que acompaña a desaparición de charcas e balsas que cumplian diferentes funcións, rega, abrevadero para o gando, etc. Ao ser abandonadas pola falta de uso, estas se colmatan por acumulación de follas e ramallada ou por falta de mantenemento se seca. A desaparición de este hábitat fundamental para a reproducción dos anfibios é un episodio que se reproduce de maneira acentuada na provincia interior ourensá, a que ten un clima maís extremo. así como un maior indice de abandono rural.
Durante os días 14 e 15 de febreiro continuaranse coas tarefas de restauración iniciadas no verán, como son a restauración dun dos pozos e dos regos e a construcción dunha nova poza. Esta actuación leva parellas outras accións que pretenden complementar a anterior como son o mantenemento do prado e a rehabilitación de valados que servirán de refuxio a anfibios e outras especies e axudarán a manter a paisaxe rural. Nestas xornadas participaran uns 30 voluntarios ambientais, procedentes de diferentes puntos do país (Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense e mesmo A mariña), así como voluntarios/as de León interesados nesta novidosa iniciativa.