CERVO.- O colexio público de Cervo celebrou o seu vintecinco cumpreanos con actos lúdicos e culturais nos que participaron toda a comunidade educativa. Os actos comezaron coa apertura dunha exposición, distribuída por todo o centro, na que se poden ver recordos de todo tipo: fotografías de alumnos, de actos festivos, de excursións, de proxectos educativos. Tamén se amosan exemplares de prensa escolar, murais e diversos traballos feitos polos alumnos ao longo deste cuarto de século de existencia e traballo educativo.
A continuación houbo diversas actuacións musicais, teatrais, recitado de poemas a cargo de alumnos e ex-alumnos do centro. Tamén se organizou un foro aberto, no que participaron as familias, profesores e ex-alumnos que explicaron a súa experiencia e os seus recordo do paso pola escola, destacando a convivencia e o traballo en equipo de toda a comunidade educativa para acadar os unha boa calidade educativa, dentro dun marco de cohesión e de dinamización social a través do centro educativo.
Remataron os actos cuns petiscos para todos os asistentes e cunha cea de irmandade, na que participaron familias, alumnado e profesorado.