Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve unha “chapuza” o BNG de Foz a obra que realizou o Concello na fonte de Nogueirido en Vilaronte

Cualifica de “chapuza” o BNG de Foz obra que realizou o Concello na fonte de Nogueirido en Vilaronte

Nota de Prensa

O BNG DE FOZ PÍDELLE AO GRUPO DE GOBERNO QUE DEIXE DE FACER CHAPUZAS COAS FONTES DO CONCELLO

A obra que se realizou na Fonte de Nogueirido, en Vilaronte, é unha auténtica chapuza

O BNG denuncia a falta de coidado con que o Concello está facendo os traballos de recuperación nalgunhas fontes e pídelle ao grupo de goberno que revise eses traballos e se aseguren de que queden ben.

En concreto, na Fonte de Nogueirido en Vilaronte fixéronse unha obras de acondicionamento que realmente é unha chapuza e foi pouco máis que tirar os cartos. Esto é debido a que a masa de cemento non é suficientemente compacta e as lousas de pedra vanse desprendendo unha a unha. Tampouco é moi adecuado o peche de bloque que se fixo, o que resulta pouco afortunado esteticamente nun entorno como este e tratandose dunha fonte con moitos anos. O máis natural seria facelo en pedra ou polo menos revestilo de pedra.

Tamén o BNG critica o pouco coidado ao deixar os palés da pedra que se usou abandonados á entrada da fonte. Tamén os restos e cascallos de obra tiráronse ao longo do muro dando unha imaxe pouco atractiva.

Por este motivo, o BNG pídelle ao alcalde e ao grupo de goberno que se preocupen máis por controlar como quedan as obras que pagan todos os veciños de Foz e resolvan os problemas en vez de asfaltarlle o aparcamento aos ministros que pasan unha vez por Foz.

Exit mobile version