Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo prepara un plan para regular o tráfico no centro de Rinlo

RIBADEO (FNC) .- O Concello prepara un plan para regular o tráfico rodado en Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, recoñece que “levamos varios meses dialogando sobre todo coa asociación de veciños que tamén nos estaba apremiando para que adoptáramos medidas”. O rexedor explica que se trata “dunhas medidas que van encamiñadas primeiramente a mellorar a situación por parte dos veciños de Rinlo que moitas veces se nos queixan de que o centro se convirte nun auténtico nudo onde hai atascos e onde realmente e grazas a que Rinlo cada vez é máis turístico está recibindo moita máis xente. Isto fai totalmente impracticable que o centro de Rinlo siga sendo transitado indiscriminadamente tanto polos residentes como polos turistas que acoden a este lugar”.

Suárez Barcia considera necesario buscar alternativas “para que os residentes poidan acceder sempre que queiran, pero tamén hai que facilitarlles lugares de aparcamento aos visitantes que queren coñecer Rinlo, aos que se achegan a comer aos restaurantes… polo que estivemos trazando unha serie de camiños para facer unha especie de bypass, unha especie de pequena circunvalación para sen chegar ao centro de Rinlo poder desviar por algunhas estradas da concentración parcelaria a circulación e cruzar ao outro lado da ribeira. Alí nunha masa común grande moi cercana ao propio centro de Rinlo poderanse aparcar os coches e despois a través da ponte ir andando ata o pobo con toda a comodidade”.

O alcalde engade que “isto non o imos levar adiante en tanto non teñamos asfaltados e preparados eses camiños. Entendemos que vai ser na época estival aló polo verán cando teñamos en marcha este plan, aberto a suxestións e aínda sen ter resoltos todos os detalles sobre si os veciños terán tarxetas de residentes ou non, se vai ser só planificado na época estival ou definitivamente durante todo o ano. O que sí é certo é que esta situación non se poder volver a dar porque Rinlo cada ano ten máis xente e temos verdadeiros conflitos de tráfico, polo tanto hai que facilitarlles aos veciños que vivan con tranquilidade e con comodidade e aos visitantes que acudan alí que poidan aparcar tamén con comodidade e que todos poidan convivir perfectamente”.

Exit mobile version