Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo instalou colectores para a recollida de aceite usado de cociña

RIBADEO (FNC) .- O Concello ven de instalar os colectores para recollida de aceite usado de cociña, segundo acaba de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. Están situados na explanada do hipermercado Eroski, nas inmediacións do Parque San Francisco (preto da parada de taxis) e na rúa Doctor Moreda. O edil nacionalista di que “queda un máis pendente de colocar na rúa Transversal. Estes colectores son financiados por varias empresas polo que lle saen gratis ao Concello de Ribadeo”.

Horacio Cupeiro considera que “serán un punto de recollida de aceite de fritura moi importante”.

Compostaxe caseira

O edil de Medio Ambiente tamén lembra que hoxe ás 20:00 horas na Casa do Mar se celebrará unha charla a cargo de técnicos de ADEGA sobre a campaña de compostaxe caseira que o Concello vai levar adiante nas parroquias. Segundo Cupeiro “hai 20 persoas interesadas en instalar os composteiros que lles imos ceder, pero ademais todos os que o desexen poden acudir igualmente á conferencia desta tarde”.

Exit mobile version