O presidente do Colexio de Médicos, José Ignacio Vidal Pardo, sinalou que “Ribadeo presenta unhas características demográficas que o fan idóneo para realizar este estudio muestral desde o punto de vista nutricional porque conta con poboación rural, urbana, costeira e de interior. Queremos comparar a xente que come do que fai na casa coa xente que participa no programa Xantar sobre rodas”.
Os obxectivos do estudio pasan por coñecer o estado nutricional da poboación anciá de Ribadeo, por realizar un estudio de metabolismo fosfo-cálcico e de vitamina D nesta poboación non illada e por valorar as condicións de vida e os seus hábitos alimentarios para despois actuar en consecuencia. Serán obxecto de dito estudio 35 persoas beneficiarias de Xantar sobre rodas e outras 35 elexidas aleatoriamente dentro dos que comen no seu medio familiar. Dous médicos, dous diplomados en enfermería e o asistente social serán os encargados de obter toda a información clínica e as enquisas nutricionais e socio sanitarias.
A delegada da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Branca Rodríguez Pazos asegurou que “a máxima preocupación da Xunta son as persoas maiores e tamén os maiores depedentes” e destacou que Ribadeo “foi pioneiro na posta en marcha do programa Xantar na casa que na actualidade está xa en 26 concellos da provincia de Lugo e ao longo deste 2009 agardamos que estea xa en todos”. Rodríguez Pazos suliñou a importancia deste estudio “porque moitos dos nosos maiores perderon o hábito de comer variado” e dixo tamén que “Ribadeo será un exemplo para o Consorcio Galego de Servizos Sociais que xunto coas tres universidades galegas está tentando facer tamén un estudio deste tipo no que despois se poderá integrar Ribadeo”. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asume o custe da realización deste estudio nutricional e de calidade de vida dos habitantes da terceria idade de Ribadeo.