Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan un libro en Sargadelos con motivo do bicentenario de Antonio Raimundo Ibañez

CERVO .- Na Casa da Administración de Sargadelos, en Cervo, presentase o luns día 9, as oito da tarde, o libro “Discursos económico-políticos sobre a restauración dos montes e plantíos en España (1802)”. Este acto forma parte do programa de actividades en conmemoración do bicentenario da morte de Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos.
Convidan á celebración deste acto conxuntamente a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a Alcaldía de Cervo e o Real Instituto de Estudios Asturianos.

Exit mobile version