Nota de Prensa
O BNG DE FOZ INSTA AO CONCELLO A AMAÑAR INMEDIATAMENTE A PISTA DE TRASMONTE AOS MONTES VECIÑAIS EN NOIS
O BNG propuxera esta obra para incluila no Plan estatal de inversión local sen que saibamos se finalmente está incluida para realizar ou non. Naquela sesión plenaria tanto o PP como PSOE votaron en contra desta e doutras obras fundamentais para as parroquias. De todos os xeitos, esta pista non pode quedar así máis tempo polo que provisionalmente o Concello ten que liberar o acceso e poñela en condicións de paso. A paciencia dos veciños ten un límite, límite que hai tempo o señor alcalde sobrepasou. É sorprendente que agora que os montes da Lagoa e Faro pasaron a mans comunais para desfrute dos veciños da parroquia non podan acceder a eles por unha actuación municipal que hai tempo que debera executar.
Esta ausencia de iniciativa por parte do grupo de goberno é unha proba máis do desgoberno e das tensións internas que existe hoxe en día no partido socialista focego e dentro do grupo de goberno. Desde o BNG, pensamos que esta situación repercute negativamente na vida municipal que está totalmente abandonada a pesar que o BNG ten posto propostas de actuación claras e urxentes en riba da mesa sen que o goberno municipal faga nada ao respecto.