NOTA DE PRENSA:
PP DE BURELA CONSIDERA QUE QUINTANA NINGUNEA A BURELA.
Non tivo nin a delicadeza de visitar a gardería, a cen metros de onde fixo o mitin.
Os populares consideran que Parga e Cando “van ó seu”.
O PP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que considera que o BNG, e máis concretamente o seu candidato, Anxo Quintana, ningunean a Burela, porque nin tan siquera se dignaron a vistar a gardería municipal, que está a cen metros de onde celebraron o mitin, e que tén o teito cuberto por unha lona. Esa é dedicación que tanto Quintana, coma Parga e Cando, teñen hacia Burela e os seus cidadáns, igual a cero, e que demostran que Parga e Cando “van ó seu”, a cobrar e non traballar polos intereses dos veciños de Burela.
Igualmente, compre lembrar que o BNG non fixo nada en Burela en catro anos, agás facer unhas obras na Residencia da Terceira Idade que non contan coas mínimas condicións de seguridade para os residentes, como ascensores para camas e rampas de acceso, e con só dous servicios xeriátricos nas catro plantas. Outros catro anos para programar un centro de día, e outros dous para facer o campo de fútbol artificial da Marosa.
Este é o saldo da actuación do BNG no concello de Burela, un saldo claramente negativo e que non satisface a ninguén.