Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP o alcalde de Burela “pasa de solucionar problemas”

NOTA DE PRENSA:
O GMPP considera que os retrasos das obras complementarias de Torrentes son responsabilidade do alcalde.

Os populares aseguran que o alcalde “pasa de solucionar problemas”.

Lembran que o retraso acumula seis meses.

O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que considera que as obras complementarias de Torrentes están ocasionando un grande malestar entre os veciños, dado o considerable retraso que acumulan, e que son responsabilidade unicamente do alcalde, alcalde que os populares aseguran que “pasa de todo” e día tras días demostra que o cargo venlle grande e que o seu non é precisamente a dedicación ó traballo.

O alcalde, segundo o GMPP, pasa de solucionar problemas importantes para os cidadáns e o único que fai é adicarse a presentar na prensa libriños e xornadas gastronómicas (por certo, as do ourizo comenzou a facelas o PP).

Os populares lembran que as obras complementarias de Torrentes son pagadas con cargo ós propietarios da unidade de actuación, comenzaron en Xuño do ano pasado, e tanto o alcalde coma o seu concelleiro de obras dixeron que durarían dous meses. Estamos en Febreiro e o retraso é de seis meses, e xa non caben máis disculpas, ainda que o retraso non é tan elevado como resolver a adxudicación da auga, que xa leva nove meses.

Os cidadáns están fartos desta situación, que entorpece permanentemente a súa actividade, e xa non admiten disculpas. Se o alcalde é incapaz de cumprir un prazo, e como se ve efectivamente é incapaz, o que debe facer é acelerar a finalización da obra definitivamente.

Exit mobile version