Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o BNG as críticas do PP son demagóxicas e destrutivas

NOTA DE PRENSA (FNC):

O BNG SEGUIRÁ A DEFENDER OS INTERESES DOS CIDADÁNS DA MARIÑA. MANUEL PARGA TILDA DE INÚTIL, DESTRUCTIVA E DEMAGÓXICA A CONTINUA CRÍTICA DO PP ÁS POLÍTICAS QUE DESENVOLVEN OS NACIONALISTAS.

A Mariña, 6 de febreiro de 2009. O BNG actuará e traballará sempre para defender os intereses das persoas e da maioría dos cidadáns da Mariña “mentras que o PP seguirá coa súa crítica inútil, destructiva e demagóxica”. O nº 3 da lista do BNG pola provincia de Lugo, Manuel Parga, di que “o Sr.Balseiro e o PP son grandes campeón da manipulación e da demagoxia sobre a realidade da nosa comarca. Sistemáticamente están tentando enganar aos cidadáns da Mariña”. Os nacionalistas lembran que “tivemos 16 anos de goberno do PP onde moitos problemas e déficits da comarca quedaron sen solución e non deixa de resultar chocante que agora cando o BNG actúa para resolver carencias o único que fai o PP e o Sr.Balseiro é poñer trabas, poñer impedimentos para multiplicar os problemas sen aportar solucións”. Parga sinala que “si por algo se caracteriza o BNG é por estar ao lado da xente e dos seus problemas, por estar ao lado das persoas maiores, dos dependentes que foron abandoados durante moitos anos e que non tiñan ningún tipo de servizo e prestación. E nos atopamos con que o PP critica que as axudas aínda non chegaron a todos cando durante 16 anos non chegaban a ninguén”.

Urbanismo destructivo

Desde o BNG da Mariña tildan de “sorprendente que asistamos durante moitos anos a un urbanismo destructivo da comarca onde as irregularidades e ilegalidades estiveron á orde do día e perxudicando enormemente tanto aos constructores como aos veciños. Temos o caso de Lodeiro e outras moitas destruccións urbanísticas que se produciron en moitos concellos do noso litoral e agora, cando desde o BNG tentamos facer unha nova política de vivenda para que os veciños que viven e traballan todos os días na Mariña poidan acceder a ela a uns prezos asequibles, nos atopamos coa oposición do PP encabezada polo Sr.Balseiro para que estas novas políticas non se realicen”.

Manuel Parga engade que “cando nos atopamos que unha grande parte das vivendas de protección pública estaban en franco deterioro e nós tentando solucionar os problemas ás persoas como ocorreu en Barreiros ou como está sendo en Burela, nos encontramos tamén con esta oposición e con esta crítica inútil do PP. Tamén nos encontramos que frente a este abandono de políticas e de persoas practicado polo populares o BNG actúa para resolver este problemas creando servizos para as persoas maiores, dotando de máis medios e prazas ás escolas infantís, actuando ante necesidades urxentes coma a destrucción causada nas vivendas de O Celeiriño ou poñendo medios e recursos para dotar de infraestructuras deportivas que estaban obsoletas como ocorre en Viveiro”.

Exit mobile version