Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traslados da residencia de Burela acredita que o centro non é apto para dependentes, di Balseiro

NOTA DE PRENSA

Balseiro Orol subliña que os feitos dan por certo as denuncias do PPdeG que afirmou que despois de que a Vicepresidencia gastase un millón de euros en reformar este centro presenta deficiencias técnicas e funcionais de tal calado que non pode ofrecer prazas para persoas non válidas

O TRASLADO DE DÚAS ANCIÁS DA RESIDENCIA DE BURELA ACREDITA QUE ESTE CENTRO NON É APTO PARA ALBERGAR A PERSOAS DEPENDENTES

•    As afectadas permaneceron na enfermería do centro, nunca na zona de habitacións ordinarias e serán trasladadas ata a residencia de Láncara que si ofrece prazas para dependentes.

•    A día de hoxe nin Vicepresidencia nin Manuel Parga responderon ao reto de deixar entrar as cámaras dos medios de comunicación para verificar as deficiencias da residencia pública mariñá.

A Mariña, 27 de febreiro de 2009.- O traslado de dúas persoas anciás da residencia da terceira idade de Burela ata outros centros da nosa provincia acredita que estas instalacións non son aptas para albergar a persoas dependentes. Así o explicou o candidato número tres do Partido Popular por Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol quen, en diversas ocasións vén denunciando que a residencia de Burela non está capacitada para ofertar prazas a persoas non válidas, a diferenza do que prometeron tanto o nacionalista Anxo Quintana como o deputado desta formación política Manuel Parga.

As afectadas permaneceron na enfermería do centro, nunca na zona de habitacións ordinarias e serán trasladadas ata a residencia de Láncara que si ofrece prazas para dependentes

Balseiro Orol, tendo en conta esta situación, reclama as explicacións oportunas a Vicepresidencia. Quere que os responsables do departamento autonómico de Benestar acrediten onde gastaron o millón de euros que investiron para a remodelación dun centro que quedou nunhas circunstancias peores das que tiña con anterioridade. Esixe tamén que se lles pidan as desculpas oportunas á familia das persoas maiores residentes e a todos os veciños da Mariña “aos que se lles fixo crer que disfrutaban duns servizos que non existen”.

O engano propiciado por Vicepresidencia da boa conta -en opinión de Balseiro- do mal proceder dos actuais rexedores da Xunta de Galicia e da falta de compromiso do actual Goberno coas persoas maiores e dependentes

Exit mobile version