NOTA DE PRENSA:
Os veciños acoden a nós para que o Concello actúe”
O Concello goberna a golpe de denuncia socialista, retirando a escombreira ao día seguinte de saír a noticia nos medios; tamén contratou a dúas auxiliares de axuda no fogar tras un escrito do PSOE
A pesar de que o Concello de Cervo explicou que o vertedoiro denunciado polos socialistas estaba “controlado” e que os restos se almacenaban de xeito provisional, para a súa posterior utilización en recheos e noutro tipo de traballos, o certo é que ao día seguinte da denuncia socialista nos medios de comunicación, o concello de Cervo fixo “desaparecer” as toneladas de materiais acumulados dende fai meses.
Outra das cousas que nos chamou a atención foi que unha vez mais e ante a falla de argumentos, o PP de Cervo recorre a etapa de goberno socialista para xustificar as súas nefastas actuacións. Despois de case dez anos de goberno do PP, esta escusa e cada vez mais absurda e impropia de quen leva 10 anos de xestión municipal.
Queremos denunciar tamén, que o Concello de Cervo levaba mais dun mes sen contratar persoal despois dunha baixa laboral dunha das persoas que realizaba as tarefas de axuda a domicilio, deixando sen servizo a varios veciños, polo que o Grupo Municipal Socialista presentou un escrito demandando a contratación de persoal para atender as casas . Pois ben, aos 5 días de rexistrar o escrito, o concello fixo público un anuncio para contratar a persoal de axuda a domicilio.
Os socialistas estamos contentos de que se atendan de forma áxil as demandas que facemos, e que repercuten de forma positiva no día a día dos veciños, o que non é de recibo e que o partido que está gobernando actúe a golpe de denuncia socialista. Os veciños acoden a nós para que o concello actúe e parécenos insólito. Na maioría dos casos din que o Alcalde non os atende e que si o fai, dislles que si e despois non actúa.
Pedímoslle ao concello de Cervo que traballe para sacar adiante a tarefa que os veciños lles encomendaron fai agora case dous anos, e si non saben o non queren, que se vaian.