NOTA DE PRENSA:
A inmensa maioría dos polígonos industrias da nosa comarca permanecen paralizados ou retrasados tras tres anos de Goberno de PSOE e BNG, de feito o bipartito non foi quen de promover un só proxecto novo limitándose a rematar aquelos como o de Cuiña en Cervo que deixou en execución o Partido Popular
BALSEIRO RECLAMA MÁIS SOLO INDUSTRIAL COMO FÓRMULA PARA LOITAR CONTRA O DESEMPREGO
* A Xunta de Galicia presidida por Feijóo asumirá o reto de impulsar, soa ou suplindo a inactividade doutras administracións, os polígonos industriais de Ribadeo, Alfoz-O Valadouro, Burela e Viveiro. Sen esquecer a recuperación do proxecto estrela paralizado polos nacionalistas: O cinto industrial no contorno de ALCOA
A Mariña, 18 e febreiro de 2009.- O forte ritmo de destrución de postos de traballo que se está a rexistrar na nosa comarca, cun novo parado diario cada dúas horas, obriga a que combater o desemprego sexa a máxima prioridade do futuro Goberno de Galicia. Como camiño para conseguir este obxectivo o PPdeG aposta pola creación de novo solo industrial a prezos accesibles, de tal xeito que estas dotacións sirvan como imán capaz de atraer novas empresas e novas oportunidades laborais.
CINTO NO CONTORNO DE ALCOA
O número tres da candidatura popular por Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas, Jose Manuel Balseiro Orol, comprometeuse a recuperar o proxecto de construción do cinto industrial no contorno de ALCOA que o Goberno do PSOE e BNG deixaron sen efecto e desbotaron “pese a que todos somos conscientes da importancia estratéxica de dispoñer desta área industrial”. Esta actuación podería completarse ademais coa apertura do dique norte de ALCOA que tanto prometeron socialistas e nacionalistas pero que, ao igual que o cinto industrial, forma parte dos seus máis chamativos incumprimentos.
A XUNTA LIDERANDO O IMPULSO
Os populares falan tamén da necesidade de que a Xunta supla a pasividade doutras administración ou incluso, asuma como proxecto propio levar adiante a ampliación da oferta de solo empresarial en Ribadeo, Alfoz-O Valadouro, Burela e Viveiro. “Con contadas excepcións, o único que fixo durante esta lexislatura o concelleiro de Industria e candidato do BNG, Fernando Blanco, en materia de solo industrial na nosa comarca foi inaugurar redes de internet sen fios, cando o que as empresas de envergadura suficiente para crear emprego precisan de solo no que instalarse”
FRONTE A DIVISIÓN A XUNTA DE FEIJÓO COMO ALIADA
Balseiro Orol explicou que é posible loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos (pesca, madeira, turismo, comercio) “pero que para elo é preciso contar cun Goberno aliado e non con un Goberno dividido, que xoga á competencia entre as distintas consellerías, incapaz de coordinarse e incapaz, en definitiva, de garantir que se cree as circunstancias ideas para que a tendencia na destrución de postos de traballo varíe.”
As consecuencias prácticas da mala xestión dos actuais responsables da Xunta tradúcese en que a inmensa maioría dos polígonos industrias da nosa comarca permanecen paralizados ou retrasados tras tres anos de Goberno de PSOE e BNG. De feito o bipartito non foi quen de promover un só proxecto novo limitándose a rematar aqueles como o polígono de Cuiña en Cervo deixou listo e en execución o anterior Goberno do Partido Popular