Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP promete vivendas sociais en Trabada

NOTA DE PRENSA:

A diferenza do feito por socialistas e nacionalistas que, desde as súas responsabilidades actuais no Executivo autonómico, non foron quen de promover vivendas a prezos accesibles nin executar os traballos de concentración das distintas parcelas nos montes deste concello
O GOBERNO DO PPdeG CONSTRUIRÁ VIVENDAS SOCIAIS EN TRABADA, DARÁ UN PULO DEFINITIVO Á CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE VILAPENA E EXTENDERÁ INTERNET DE ALTA VELOCIDADE EN TODO O MUNICIPIO

* Balseiro Orol explicita os compromisos que Alberto Núñez Feijóo adquirirá coas veciñas e veciños de Trabada.

A Mariña, 13 de febreiro de 2009.- Despois de que ás 00.00 horas do día de hoxe dera inicio a campaña electoral -co tradicional acto de pegada de carteis- o Partido Popular de Galicia (PPdeG) a través do número tres da súa lista electoral por Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, veu a explicar os compromisos que a súa formación política adquire coas veciñas e veciños do municipio mariñán de Trabada.

Segundo Balseiro Orol chegou o momento de que se lle de un pulo definitivo ás concentracións parcelarias nos montes desta localidade e, nomeadamente á que afecta a zona coñecida como Vilapena que está pendente da súa execución desde que socialistas e nacionalistas xestionan a Xunta de Galicia. Neste mesmo senso indicou que de presidir o próximo Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo impulsará a construción de vivenda social en Trabada, algo que non promoveu os actuais responsables do Executivo autonómico, Touriño e Quintana, pese a que o propio Concello cedeu terreo con este fin. “É máis que evidente que a política en materia de construción de vivendas a prezos accesibles na Mariña brillou pola súa insuficiencia, os veciños de Trabada poden dar boa conta delo”

Finalmente, o candidato popular explicou que desde a Administración autonómica xestionada polo Partido Popular promoverase un ambicioso programa de extensión de banda ampla (ADSL) de tal xeito que se poidan achegar as novas tecnoloxías da información e comunicación a todos os veciños. “Reclamanos o dereito de dispoñer de internet de alta velocidade para todos”

Exit mobile version