Site icon Crónica3.com A Mariña

Quere o PP unha xornada de portas abertas na residencia de maiores de Burela

NOTA DE PRENSA:
O candidato popular anima aos nacionalistas a autorizar a entrada dos medios de comunicación para corroborar si despois de gastarse un millón de euros en remodelar o centro a Vicepresidencia cumpriu a súa promesa de facer as instalacións óptimas para albergar a persoas dependentes
O PPdeG EMPRAZA A PARGA A XESTIONAR UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS COA QUE COMPROBAR A VERACIDADE DAS DEFICIENCIAS ESTRUTURAIS E FUNCIONAIS DA RESIDENCIA DE BURELA

* Balseiro insiste que tanto o candidato nacionalista como o líder do BNG Anxo Quintana tiñan constancia destas eivas, xa que tanto a dirección, como os traballadores e os sindicatos déronlle conta das mesmas antes de iniciarse as obras desenvolvidas no centro.

A Mariña, 16 de febreiro de 2009.- O candidato popular Jose Manuel Balseiro Orol empraza ao seu homólogo nacionalista a organizar unha xornada de portas abertas e permitir o acceso dos medios de comunicación á residencia de persoas maiores de Burela, de tal xeito que poidan comprobarse a veracidade das denuncias efectuadas polos populares que sosteñen, tras visitar as instalacións, que despois de investir preto dun millón de euros en remodelar o centro as múltiples eivas estruturais e funcionais que hoxe ten non permiten acoller a persoas dependentes e, polo tanto, que o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana mentíu cando anunciaba que tras as obras, a residencia ofertaría prazas para persoas dependentes.

Balseiro entende que o nacionalista Manuel Parga non terá ningún tipo de problema en xestionar ante Vicepresidencia -departamento autonómico que hoxe controla o BNG- esta xornada de portas abertas e que, non temerá levar adiante unha política de transparencia “Comprobaremos o falsas que son as supostas melloras introducidas polos nacionalistas en materia de benestar e política social”

O candidato popular insiste que tanto o candidato nacionalista como o líder do BNG Anxo Quintana tiñan constancia destas eivas, xa que tanto a dirección, como os traballadores e os sindicatos da residencia de Burela déronlles conta das mesmas antes de iniciarse as obras desenvolvidas no centro. “Non foron escoitados e hoxe asistimos a unha perda de cartos que deberían ser destinados a mellorar o benestar e os servizos das persoas maiores e dependentes”

Exit mobile version