Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non ve por ningures os 16 millóns que a Deputación di ter investidos na Mariña

NOTA DE PRENSA:
O GPPP PÍDELLE A BESTEIRO “UN POUQUIÑO DE HUMILDADE”
* O voceiro adxunto non vé por ningún lado os 16 millóns de euros investidos na comarca pola Deputación dos que alardea o Presidente provicia

* Barcia afirma que ese importe é a suma das obras que ten paradas a Deputación na Mariña

Lugo, a 10 de febreiro de 2009.- O GPPP considera que Gómez Besteiro adolece dunha das virtudes que debe ter un político, a humildade, e non lle viria mal “un poquito de humildad”, na súa xestión como responsable do ente provincial e nas súas declaracións ós medios de comunicación.

Para o voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, “Besteiro está últimamente algo soberbio, tirando a sobrado, e eso non é bon, porque despois pérdese pola boca”.

Barcia considera que o investimento de 16 millóns dos que presume Besteiro na Mariña non son tal, mais bem todo o contrario.

O voceiro adxunto do GPPP afirma que “precisamente ese é montante total das obras que estaban comprometidas polo anterior equipo de goberno e que Besteiro e o BNG paralizaron”.

Barcia lembrou que entre esa longa lista de obras atópase o parque empresarial de Trabada, o de Burela, distintas estradas, algunhas delas mesmo adxudicadas, como é o caso do corredor litoral de Barreiros, e incluso o incremento “igual a cero” das axudas da Deputación ó sector pesqueiro e marisqueiro.

O voceiro aduxunto popular engadiu que se algunha axuda hai para o sector pesqueiro, estas son as mesmas que había na etapa do goberno do PP. “Ademais, tanto presumir de parques de bombeiros e o de Barreiros está igual que estaba; o de Viveiro non está, e o material que se merca non se pode usar porque está en garaxes e non hai persoal contratado para manexalo”.

Finalmente, González Barcia pídenlle a Besteiro que “ese ir un pelín sobrado o aplique realmente ó seu traballo, que boa falta lle fai”.

Exit mobile version