Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela volve cualificar de vago ao alcalde

NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela tacha ó alcalde de vago.

Os populares afirman que o pleno que se tina que celebrar o día 26 será retrasado sen motivo.

Consideran que o bigoberno burelés é unha auténtica desorganización.

O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que o pleno do concello de Burela que tiña que celebrarse esta semana, concretamente o día vinteseis, xoves, será retrasado sen ningún motivo aparente e sen previo aviso ó grupo maioritario da corporación, o Grupo Popular. Tanto é así, que o pleno ainda está sen convocar, e polo tanto non ten data.

Segundo os populares, esta é a terceira vez consecutiva que acontece, porque os plenos de Decembro e de Xaneiro tamén se retrasaron, e só o de Decembro con certa xustificación, por coincidir a data prevista con festivos.

Segundo os populares, esto demostra a enorme vagancia do alcalde, que é incapaz de mover o concello con rigor e seriedade, xa que ademais destes retrasos non introduce ningún punto ou asunto que serva para dinamizar a vida municipal e social do nosso concello, que é lastimosa e languidece semana a semana.

Os populares aseguran que o bigoberno burelés é unha auténtica desorganización, xa que ademais da escasa dedicación do alcalde polo traballo, xa coñecida por todos, os demais concelleiros, incluídos os do Bloque, van literalmente “a su bola”, con escasa ou nula relación entre eles, caracterizándose pola falla de proxectos e polo especial cariño ás festas, propaganda e demais parafernalia, que pagamos entre todos os veciños e veciñas deste concello a pesares da situación de crise que estamos a vivir.

Exit mobile version