Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela considera que dende o concello non se defenden os intereses dos veciños

NOTA DE PRENSA:
O GMPP considera que o alcalde e Nieves Cando non defenden os intereses dos veciños.

Os populares afirman que moitas persoas non cobrarán axudas porque as que da a Xunta son restrictivas.

O PP asegura que as axudas do Estado son compatibles coas da Xunta.

O GMPP burelés declarou hoxe a través dunha nota de prensa que é “totalmente impresentable” que o bigoberno burelés non apoie a petición de zona catastrófica para os concellos mariñanos que se viron afectados polo temporal de hai tres semanas, porque a cantidade de danos sofridos na Mariña, e singularmente no noso concello, fan que esta petición sexa totalmente oportuna, co fin de asegurar a chegada de máis axudas e recursos ás persoas e empresas afectadas polo temporal.

Para os populares, está perfectamente definida na normativa vixente a declaración, por parte do Goberno do Estado, da urxencia de axudas a tal fin, que son totalmente compatibles coas axudas que preste a Xunta. O PP estima que se nota a falla de medidas adoptadas polo propio Concello, que sempre estivo a remolque do que marcaba a Xunta, non adoptou ninguna iniciativa, e adicouse a buscar rentabilidade política ó temporal.

Os populares tamén votan en falla unha política decidida da Deputacion, que a día de hoxe ainda non dixo que ía facer, se tiña decidido adoptar medidas e no seu caso que tipo de medidas.

Polo tanto, os populares entenden que moitos veciños, sobre de todo aqueles que non teñen aseguradas as súas propiedades, quedarán fóra das liñas de axuda establecidas, axudas que por outra banda son claramente insuficientes, porque dezasete millóns de euros non chegan nin para comenzar, e por riba póñense un montón de trabas e condicinantes para poder optar ás axudas.

O GMPP entende que con esta postura os socios do bigoberno burelés o que fan é calar a boca ante os seus propios partidos, e demostran o grao de servilismo e clientelismo que renden ante a dirección dos seus partidos; non teñen marxe de manobra, falan ó dictado e van contra dos intereses dos veciños de Burela e da Mariña.

O PP pregúntase cando concretará o alcalde o único proxecto que tén en vinte meses.

O separativo de pluviais non está definido.

Os populares lembran que esto xa se plantexou hai un ano.

O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que o proxecto separativo de pluviais do que volve a falar o alcalde é o único que se lle ocurre en vinte meses que leva de alcalde, xá se plantexou hai um ano, e semella que ainda non se remitiu o proxecto á Xunta, o que demostra que estamos ante a obra do Escorial, e por riba ainda non tén garantida a súa financiación, porque non se asinou ningún tipo de convenio, e se volve a sacar agora que estamos ás portas das eleccións autonómicas.

Ademais, o PP lembra que a reparación da EDAR debe asumila a Xunta, e non é nada novo o que está anunciando o alcalde, porque xá no seu dia, e a través dun convenio subscrito por González Barcia e anterior goberno da Xunta foi posible facer melloras por importe de algo mais de cento vinte mil euros, tanto na EDAR coma na ETAP, algo que mellorou o funcionamento das duas plantas.

Polo tanto, o alcalde, que leva dándolle voltas a estas duas couas desde hai um ano, debería definir canto antes os detalles das obras, a súa financiación e a súa temporalización. Pero vir agora, a algo mais de duas semanas das eleccións falando outra vez, e van moitas, destes dous asuntos, resulta cando menos chocante, sobre de todo cando non se di nada novo sobre os mesmos.

Por último, os populares lembran que a primeira vez que se plantexou facer separativos de pluviais foi nunha reunión da Comisión de Medio Ambiente da Axenda 21, xa fai caseque catro anos, co goberno municipal do PP. Polo tanto, o alcalde segue aproveitando ideas que non son súas, senón que lle veñer herdadas do anterior goberno popular.

Exit mobile version