Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela discrepa de Neves Cando sobre as vivendas do Torno e afirma que minte

NOTA DE PRENSA:
O GMPP afirma que adxudicatarios das vivendas do Torno descoñecían os termos do contrato.

Os populares reafírmanse no retraso na entrega das vivendas e din que quen minte é Nieves Cando.

O PP asegura que as condicións administrativas das vivendas son as mesmas ca hai cinco meses.

O GMPP burelés declarou hoxe a través dunha nota de prensa que os adxudicatarios das vivendas do Torno enteráronse cando asinaron o contrato que tiñan que pagar os enganches de gas, luz e auga; ninguén antes lles dixera nada, e eso supón unha nova bulra ós adxudicatarios, que xa tiveron que agardar ano e medio para que lles entregaran as chaves. Certos adxudicatarios puñéronse en contacto co PP para manifestar o seu fondo malestar con esta situación, que supón un gasto co que non contaban, especialmente no caso destas familias que están nunha situación económica que non é precisamente a mellor.

Igualmente, á hora de constituir a comunidade de veciños os adxudicatarios en aluguer non saben quen vai representalos.

Os populares reafírmanse en que o retraso na entrega das chaves fíxose en clave electoral, porque cando o PP preguntou polas vivendas nun pleno celebrado hai cinco meses, a situación administrativas das mesmas era exactamente igual, vinte en aluguer, seis vendidas e seis pendientes de adxudicación. Polo tanto, quen minte e engana é Nieves Cando, que en vez de atacarlle ó PP debería pedir perdón públicamente a estas familias; cousa que non fará porque non tén vergoña nin valor para facelo.

O PP remata decindo que as vivendas foron impulsadas e comenzadas con gobernos do PP, e que o BNG, en materia de vivenda protexida non fixo nada en Burela e rise da xente. Unha mostra é que os veciños das Casas Baratas non foron informados do proxecto de rexeneracións dos teitos das súas vivendas antes de que se pedise a licencia de obra, e tivo que ser o PP quen lles dixera que ese proxecto xa estaba aprobado e coa licencia concedida.

Exit mobile version