NOTA DE PRENSA:
ARIAS: “O BIPARTITO PARALIZOU O SOLO INDUSTRIAL NA PROVINCIA DE LUGO”
A Mariña, 20 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo Raquel Arias asegurou hoxe que preto do 82 por cento do solo industrial previsto para a provincia de Lugo está paralizado ou retrasado. “É máis”, engadiu, “o bipartito foi incapaz de poñer a disposición das empresas un só metro de suelo industrial e o único que inauguraron, unha nova fase do de Xove-Cervo, estaba xa comprometido polo PP”
Segundo explicou, dos 21 proxectos para a provincia de Lugo, 9 están paralizados e 4 retrasados. O que quere decir que hai neste intre 1.163.000 metros cuadrados paralizados, o 19,78%, e que 3.625.000, o 61,6%, está retrasado dos 5.879.000 metros cuadrados de solo industrial total previsto.
Especialmente significativo é o retraso de preto de dous anos que leva o polígono industrial de As Gándaras que, segundo indicou Arias, “xa tería que ter hoxe naves instaladas”.
Salientou a candidata popular a este respecto que os orzamentos da Xunta de 2007 establecían unha partida de 15 millóns de euros “dos que non se investiu nin un céntimo”; que nos presupostos de 2008 había para esta obra 23 millóns de euros, dos que só se gastaron 9 millóns.
“O pouco compromiso do bipartito co desenvolvemento industrial de Lugo queda patente no feito de que os orzamentos para o vindeiro ano reducen a inversión adicada a esta infraestructura en comparación co 2008 en sete millóns de euros. Esto significa que ata o 2011 non haberá polígono industrial nas Gándaras. Desgraciadamente este retraso supuxo a perda de moitas empresas e as que se fugarán de eiquí ó 2011…, e non están precisamente os tempos para perder oportunidades por culpa da mala xestión”.
As proposta do PP céntranse, no que atinxe ó chan industrial, en acelerar todos os proxectos pendentes ou retrasados polo bipartito e en promover a creación urxente de novos polígonos industriais nas zonas na que hoxe existe unha maior demanda. O obxectivo é chegar a dispoñer de ó redor de 40 millóns de metros cuadrados de suelo industrial promovidos pola administración autonómica ata o ano 2013.
Ademais, poñerá en primero plano as suministracións: as telecomunicación, o cable e a enerxía. Compre mellorar non só a cantidade de suelo industrial senón a calidade.
O PP tamén apostará por plans de situación conxunta de empresas en rede (clusters territoriais). É preciso promover proxectos nos que a as pemes se asocien en clusters empresariais.
Unha visión metropolitana e de ordenación territorial, que consiste en atraer empresas foraneas e asegurarse de que non marchen as que crean riqueza en Galicia, así como un impulso decidido ó rural coa creación de parque agroindustriais son outras das propostas dos popualres.
O PP quere que todos os concellos que non conten cun polígono industrial poidan dispoñer dun parque agroindustrial para acoller novas actividades económicas vencelladas ó rural, así como reordenar as existentes.
A cabeza de lista dos populares lucenses visitou houxe varias empresas da Mariña lucense na que estivo acompañada, entre outros, polo Presidente provincial José Manuel Barreiro, e os tamén candidatos José Manuel Balseiro e Emma Alvarez.