NOTA DE PRENSA
O PP asegura que o pleno ordinario de hoxe demostra a incapacidade do bigoberno.
Os populares confían que se convoque canto antes o pleno extraordinario solicitado polos danos do temporal.
Afirman que o Fondo de Investimento Municipal non axudará a crear emprego.
O PP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que a orde do día do pleno ordinario de hoxe revela claramente a incapacidade do alcalde e do bigoberno por propoñer proxectos de futuro para o concello, que cada vez máis está sumido na apatía e falto de ideas. Os proxectos ilusionantes non chegan, cunde o desánimo entre a cidadania, mentres o alcalde e Nieves Cando buscan só a foto e a propaganda.
No pleno de hoxe, darase conta dos proxectos que Burela enviou con cargo ó Fondo de Investimentos Municipais creado para paliar os efectos do paro. O PP considera que este Fondo, a nível de investimento, e ainda que pretende subsanar de paso a baixa na financiación local, non é malo, pero non servirá para crear emprego estable e de calidade, porque é só un parche para evitar que os datos do paro sexan aina máis grandes dos que acabamos de coñecer hoxe.
Entrar na rede de cidades saudables non vai ter ningún efecto beneficioso sober a nosa saúde. Mesmo o concello perdeu unha subvención que encaixaba neste asunto non hai moitos meses.
E por último, os criterios de productividade serviranlle ó alcalde e a Nieves Cando repartir cartos públicos de forma totalmente parcial, coma fixeron o ano 2007; por aquela houbo traballadores municipais que se levaron en productividade tres mil euros.
Como se vé, asuntos de trámite, que quedan máis en evidencia ante a ausencia de mocións do PP, ausencia totalmente deliverada para evidenciar xustamente que o bigoberno, e especialmente o alcalde, non teñen proxecto para Burela.
Pero no turno de rogos e preguntas o PP interesarase polas medidas que está adoptando o bigoberno para axudar ós particulares e empresas afectados polo temporal. Polos destrozos causados polo vento que ainda están sen arranxar, e polo comenzo das obras do campo de fútbol artificial, que supoñemos que se farán agora en campaña electoral.
Precisamente en relaciòn co temporal, o PP ten presentada a solicitude de celebración dun pleno extraordinario, que confían em que se convoque en breve, para poder solicitarlle axudas ó goberno do Estado e tamén á Deputación, porque o fondo creado pola Xunta é claramente insuficiente. Con dezasete millóns de euros, a capacidade de manobra da Xunta é escasa.
En Burela,a tres de Febreiro de dous mil nove.