Site icon Crónica3.com A Mariña

O Persoal de limpeza hospitalaria decide desconvocar a folga

BURELA.- O persoal de limpeza do Hospital da Costa acordaron en asemblea decidiron, por unanimidade, desconvocar a folga, e ratificar o acordo entre a empresa e os sindicatos. Ambas e dúas partes consideran que co diálogo chegouse a un bo acordo para empresa e traballadores.

NOTA DE PRENSA:
O PERSOAL DE LIMPEZA HOSPITALARIA DECIDE DESCONVOCAR A FOLGA

Na asemblea celebrada hoxe xoves ás 10:30h no Hospital da Costa de Burela, o persoal da empresa “Acciona,F.S.”, concesionaria do servizo de limpeza, decidiu por unanimidade ratificar o acordo subscrito onte entre a patronal do sector (ASPEL) e os sindicatos (CIG, UGT e CC.OO.) e desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana así como a folga do dia 27.

Nese acordo, as empresas comprométense a abonar o 2º grao da carreira profesional, así coma os atrasos correspondentes, na nómina de marzo de 2009.

No mesmo acordo comprométense a reunir á comisión de seguimento do acordo regulador da carreira profesional das contratas do SERGAS para analizar os sucesivos graos da mesma.

O único requisito que teñen, as traballadoras e traballadores, para cobrar o 2º grao da carreira profesional é acreditar a súa antigüidade, cousa que poderán facer a partir do dia de hoxe entregándolle á empresa copia da súa vida laboral.

Este acordo pon de manifesto, novamente, como a acción sindical, a mobilización e a unidade das traballadoras e traballadores é a maneira máis eficaz que ten a clase traballadora de facerse valer, defender os seus dereitos e conquistar melloras de todo tipo.

Exit mobile version