Site icon Crónica3.com A Mariña

O pensar dá dor de cabeza

O PENSAR DÁ DOR DE CABEZA

Por Otero Regal

Entre feirantes acostúmase dicir, cando o primeiro tendeiro che fai un pedido aquelo de “ABRIMOS O MELON”, pois ben Touriño, O Kim e o Feijoo cando pronuncio este último recórdome do antroido e dos freixós de miña nai, feitos na lareira con aquela prancha de ferro fundido, abriron o melón da campaña electoral, un que é un pouquiño masoca, xa leeu case todo o escrito nos programas electorais que me interesa, ¡Claro esta¡ Por certo o meu colectivo, o dos artesáns só aparece nun programa, e ademais extensamente, dos tres maioritarios, ¿Cousas veredes?
Pero nin Tiros, nin Troianos nin os do medio me souberon explicar esto: ¿ Se é necesario elevar o gasto público de onde sairá o diñeiro se se baixan os impostos ou anque non se baixen, recadase menos?
¿ Se se proporciona máis diñeiro ás empresas e aos bancos para que se siga mantendo a sobreprodución e non á cidadanía, de onde sacaremos o diñeiro para mercar esa produción se xa estamos empeñados ata o cocote ?
Se se aplica máis “flexibilidade” para desfacerse máis barato de man de obra, o que dende logo e unha coña, que se rebaixe o despido en vez de bonificar a creación de postos de traballo, aumentase a xornada laboral para producir máis e diminúense os salarios co que obviamente vai aumentar o paro e diminuír o poder adquisitivo en relación á produción, ¿estase a loitar contra a crise ou contra a cidadanía… ?
¿Loitar contra a cidadanía? Pero se xa non hai cidadáns, somos consumidores. Un exemplo témolo hoxe co día de San Valentino, e maña co da mai, pai, avós e demais familia…..Sen contar coas festas gastronómicas, folclóricas, feiras e demais caralladas.
O obxectivo é que como consumidores teñamos vantaxes. ¿Que é iso da cidadanía? ¿Acaso podemos decidir que políticas económicas queremos? Está claro que non. Son os gurús os que as deciden, (os mesmos que din que non hai volta atrás ao sistema neoliberal capitalista). ¿Entón, para que votar? Ah, xa, por aquilo da democracia formal e todas esas mandangas. Consumidor, a consumir, e non penses tanto que pensar dá dor de cabeza, esto explicábao moi ben meu avoiño “O pensar e de burros e o cavilar de animais”

Exit mobile version