CERVO .- O concello de Cervo fai pública unha copia do escrito de resposta da compañía BEGASA que está a enviar a varios veciños do noso concello que efectuaron a reclamación na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) solicitando que se lle compensaran as perdas derivadas da prolonga interrupción do subministro eléctrico. Nesta nota pódese comprobar que a compañía eléctrica considera que non foi responsable dos danos producidos polo Klaus, por ser unha causa de forza maior, allea ás súas responsabilidades.