Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela anuncia o comezo de obras en Vilar

BURELA (FNC) .- Mañá xoves comezan as obras de saneamento, abastecemento e reposición de pavimento que o Concello de Burela realizará na rúa Vilar e no camiño dos Corvos e que suporán un investimento de 115.000 euros. A intención do Concello “é mellorar o núcleo rural do barrio de Vilar, dotándoo de servizos urbanísticos, dando continuidade á rede xeral existente na zona. As obras que se acometerán consisten na reposición dun tramo da rede de abastecemento actual, a dotación da rede de saneamento e abastecemento, a formación de cunetas, o saneo de blandóns e a reposición do pavimento”, segundo explica o concelleiro de Obras, Pascual Doménech.

O prazo de execución das obras será de tres meses. O proxecto, segundo un informe do arquitecto técnico municipal “atense ás normativas técnicas urbanísticas e medio ambientais aplicables”. Doménech engade que “o bombeo de Foxo está xa en funcionamento despois de superar problemas de subministro eléctrico e mecánico, co que queda solucionada a recollida de augas residuais de Vilar”.

Exit mobile version