Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comercio de Ribadeo renovou o convenio con Tourline Express

RIBADEO .- O Centro Comercial Aberto de Ribadeo renovou o convenio que mantén coa empresa de mensaxería Tourline Express. O acordo garante a entrega de paquetes baixo o contrato Tourline 19 horas, que efectúa o servizo antes das sete da tarde do día seguinte ao de recollida en poboacións con delegacións Tourline e radios de 50 quilómetros destas, e no resto de destinos antes das 14:00 horas do día laborable seguinte.

O acordo permitirá que os asociados poidan realizar envíos á Península, Baleares, Ceuta, Melilla, Andorra, Portugal e Xibraltar, e que poidan facer un seguimento destes na web www.tourlineexpress.com

A renovación do convenio foi asinada nas últimas horas polo presidente do CCA, Gervasio Cao e polo responsable de Tourline Express na Mariña, Juan José Lorenzo Rego.

Exit mobile version