Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG urxe ao goberno do Estado o mantemento do emprego en ALCOA

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG URXE AO MINISTRO SEBASTIÁN QUE PRIORICE O MANTEMENTO DO EMPREGO EN ALCOA POR ENRIBA DOS INTERESES DAS ELÉCTRICAS.

A Mariña, 16 de febreiro de 2009. O BNG urxe ao goberno do estado e ao ministro de Industria, Miguel Sebastián “a que coa máxima premura se lle dea unha solución ao problema tarifario que se plantexa coa empresa Alcoa”. O responsable comarcal do Bloque, Xosé Ramón Ermida considera que “non se trata de poñer enriba da mesa a importancia que Aloca ten para a comarca da Mariña tanto pola man de obra ocupada como polo que representa no PIB da provincia de Lugo. En todo caso nós pensamos que esta solución é urxente porque o propio acordo ao que se chegou por parte das grandes consumidoras eléctricas e o goberno no momento no que se derogou a tarifa G4 significa un puñal no pescozo destas grandes empresas xa que a partires do 1 de xaneiro cada día que pasa aumenta nun 5% o prexo da enerxía”.

Desde o BNG “imos intervir para presionar tando no plano lexislativo como no plano gubernativo e mesmo no plano social. Pensamos que o Goberno do Estado, e neste caso o ministro Sebastián ten que pasar das boas palabras so feitos e o que non é de recibo é esta posición de pasividade que se está a manter por parte de quen ten as competencias e, en todo caso, sin ter en conta os perxuizos que esta inhibición pode traer para o conxunto da comarca da Mariña e mesmo para o conxunto de Galiza”. Ermida engade que “o que non nos vale é que se bote man de argucias do tipo que si o déficit tarifario pode aumentar ou que se está interferindo no que é a libre competencia posto que neste momento mesmo gobernos da UE como Italia con situación iguais e coa mesma empresa pois xa teñen posto en marcha solución enriba da mesa”.

Os nacionalistas din que “estamos nun marco, o que se abre coa supresión da G4, que nace no momento no que o PP decide acudir á liberalización do mercado eléctrico. Pero este marco, aprobado polo PP e que para todo o que representa Alcoa neste país significa unha auténtica soga, non pode ser excusa para que se poñan enriba da mesa alternativas”. Xosé Ramón Ermida sinala que “entendemos que é fundamental en que por unha parte se adopte unha actitude activa na negociación existente entre os consumidores acollidos á tarifa G4 e as empresas eléctricas utilizando todos os instrumentos que o Goberno do estado teña ao seu alcance para acadar un acordo no prazo máis breve posible. Un acordo que debe garantir a continuidade da producción e particular e fundamentalmente o mantemento do emprego pondo este elemento por enriba dos intereses empresariais e particulares”.

O responsable comarcal do BNG segue a explicar que “en segundo lugar o Goberno tería que xestionar correctamente as aportacións feitas desde o sistema eléctrico, en concreto a fixación de peaxe de acceso é un sistema de pagos por ininterrumpibilidade para conceder continuidade a estas empresas mesmo en desenvolvemento do que é a coherencia do sistema global. Como acreditan estudos técnicos colocar a electricidade das Pontes en Madrid encarece nuns 10 euros o prezo do megawatio, é máis barata a enerxía desde San Cibrao que desde Madrid”.

Ermida insiste en que “non se pode mirar cara outro lado. É o momento de poñer solución enriba da mesa e nese sentido imos repetir e reiterar que o Ministerio de Industria ten que intervir porque nos estamos xogando moito”.

Exit mobile version