Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG promete realizar o plan de vivendas protexidas mediante o diálogo e o consenso

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG ASEGURA QUE O PLAN SECTORIAL DE VIVENDA PROTEXIDA É MOI AMBICIOSO E CLAVE PARA A COMARCA DA MARIÑA. OS NACIONALISTAS PRETENDEN REALIZALO MEDIANTE O DIÁLOGO E O CONSENSO CON TODOS OS SECTORES IMPLICADOS.

A Mariña, 19 de febreiro de 2009. O nº 3 da lista do BNG pola provincia de Lugo, Manuel Parga, centrará a súa intervención no mitín que se celebrará en Barreiros ás 20:30 horas nas políticas de vivenda que veu levando adiante o Goberno galego. Parga Núñez sinala que “o BNG ao longo desta lexislatura mantivo un compromiso e aposta firme para que os veciños puideran acceder a unha vivenda digna e de calidade a prezos asequibles, e temos un proxecto para o futuro e para que ese dereito non estea ao albor do mercado libre como estiveron anteriormente”.

Os nacionalistas sinalan que “o plan sectorial de vivenda protexida prevé na nosa comarca a construcción de máis de 1.000 vivendas en distintos concellos e un plan que pretendemos levar adiante mediante o diálogo e o consenso con todos os sectores implicados. Entendemos que dito plan é moi beneficioso para o sector da construcción que neste momento está en crise e para que o conxunto dos cidadáns poidan acceder á vivenda a un prezo asequible e tamén para a dinamización económica e para a creación de emprego”. Manuel Parga engade que “é un plan moi ambicioso e clave para a comarca da Mariña e polo tanto esa é a nosa aposta de futuro en materia de vivenda”.

No mitín desta tarde en Barreiros os nacionalistas farán fincapé nas actuacións levadas adiantes ao longo dos últimos tres anos e medio “xa que supuxeron un cambio de modelo a respecto do que representaron as políticas do PP en materia de vivenda onde os prezos estaban desorbitados, onde a vivenda protexida que se facía era de bastante mala calidade, onde había un fraude que está demostrado na bolsa de aluguer, onde estaba disparado o prezo do solo cunha subida do 215%… Ante esas situación nós traballamos para poñer en marcha na comarca da Mariña a realización dun terzo máis de vivenda protexida que na etapa anterior, recentemente se acaban de entregar vivendas en Barreiros, Burela, Valadouro, Cervo e están en construcción en Ribadeo. Tamén cualificamos coma vivenda protexida máis de 1.200 vivendas de promoción privada, reformamos o programa de bolsas de aluguer para que preste axuda a quen realmente o necesita e non coma antes”.

Parga lembra que “renovamos vivendas deterioradas ou mal construidas por parte do Goberno anterior en sitios como Celeiro ou Barreiros onde xa está rematado ese proceso ou iniciado en Burela e noutros concellos mariñanos. Levamos adiante rehabilitacións moi importantes nos cascos históricos porque pensamos que é necesario poñelos en valor… actuamos en Viveiro, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo e puxemos en marcha unha nova política de adquisición de inmobles abandoados ou deteriorados neses cascos históricos. En definitiva o BNG aposta por un cambio de modelo e por un traballo para a xente e para as persoas, comprometidos coas súas necesidades e eso non foi o que pasou na anterior etapa”.

Exit mobile version