Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG promete crear 200 postos de traballo en servizos sociais na Mariña

NOTA DE PRENSA (FNC):

O BNG ANUNCIA A CREACIÓN DE MÁIS DE 200 POSTOS DE TRABALLO DIRECTOS ATA FIN DE ANO NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS NA MARIÑA.

A Mariña, 21 de febreiro de 2009. O candidato nacionalista, Manuel Parga di que “as políticas do BNG en temas de servizos sociais, de benestar e de igualdade están permitindo e van permitir xerar unha nova economía do benestar na Mariña de Lugo coa xeración de emprego estable e de calidade”.

O nº 3 da lista do BNG sinala que “esto é unha realidade porque antes de que remate este ano se pode calcular que entre 150 e 200 novos empregos na comarca mariñá van ser unha realidade. Estamos a falar de 100 empregos directos na residencia que antes de que remate o ano vai empezar a funcionar en Viveiro, promovido por Sogaserso, que vai supoñer arredor de 220 postos de traballo indirectos. O centro de día de Burela, con 7 prazas novas dentro da residencia de maiores; a galescola de Foz, entre 16 e 20 prazas máis; a ampliación do servicio de transporte adaptado 065, que tamén vai supoñer a contratación de novo persoal para os vehículos que van funcionar xa durante este ano 2009 cubrindo a práctica totalidade da comarca da Mariña. Calculamos que entre postos directos e empregos indirectos andamos entre os 350 e 400 empregos”.

Parga Núñez engade que “aparte de cubrir necesidades e servizos públicos de carácter social e de igualdade e unha contribución a xerar emprego de calidade e estable no sector dos servizos públicos, que desta forma contribúe dun xeito moi importante a superar a herdanza recibida dos anteriores gobernos do PP en mateira de equiamentos e servizos públicos para persoas con estas necesidades”.

Os nacionalistas manifestan que “esta nova fonte xeradora do emprego e esta aposta do BNG son realidades e non fume como pretenden vender outras formacións políticas, nomeadamente o PP. Estamos falando de que levamos creado en servizos sociais 1.200 postros de traballo directos e antes de que finalice o ano no conxunto do país son 1.600 os que vai haber e unha parte importante serán na comarca da Mariña”.

Exit mobile version