Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz acusa o alcalde de electoralismo no asfaltado da pista do pavillón

NOTA DE PRENSA

O BNG DE FOZ ACUSA AO ALCALDE DE ELECTORALISMO NO ASFALTADO DA PISTA DO PAVILLÓN MUNICIPAL CON MOTIVO DA VISITA DE RUBALCABA

O alcalde escenifica “Benvido Mister Marshall” en Marzán

O BNG comprobou –diante da mirada atónita de moitos veciños- como se procedía esta mañán ao asfaltado da zona de acceso e de aparcamento da pista polideportiva de Marzán. Esta mesma tarde, celebrase un mitin do PSOE neste pavillón coa presenza do Ministro de Interior, o Sr. Rubalcaba. Está claro, pois, que esta obra de asfaltado faise con motivo desta visita e cun claro obxectivo electoralista.

O BNG preguntase se foi Rubalcaba quen pagou o asfaltado porque se non é así o alcalde tería que dar explicacións de como está a invistir o diñeiro público de todos os veciños. Resulta xa habitual deste alcalde e do grupo de goberno que se poñan a executar obras deste tipo en plenas campañas electorais pero desde o BNG pensamos que esta vez pasouse da raia. Se xa resulta penoso que se fagan as obras en plena campaña electoral o que resulta impresentable é que se utilicen desta maneira, porque ¿cómo se pode gastar o diñeiro que é de todos para quedar ben diante dun cargo político do propio partido? ¿cómo se pode consentir que os cartos públicos se utilicen tan partidariamente? Esto fainos recordar épocas pasadas cando con motivo da visita do dictador Franco ou do Sr. Fraga se asfaltaban días antes as estradas por onde ían a pasar.

Para o BNG que esto ocurra parece un escándalo cando no noso concello hai moitisimas demandas de asfaltados e de amaño de pistas nas parroquias, demandas que levan esperando moito tempo mentres o grupo socialista non fai nada e resulta que nunha mañán asfaltase a entrada dun pavillón para que aparque ben o señor ministro.

Exit mobile version