O BNG PRESENTA UN NOVO NÚMERO DA SÚA REVISTA A XANELA CON CAMBIOS NO FORMATO E NA CABECEIRA.
Barreiros, 12 de febreiro de 2009. O BNG de Barreiros ven de presentar un novo número da súa revista A Xanela con cambios tanto na súa cabeceira coma no seu formato. A publicación chegará estes días aos domicilios de todo concello e tamén se poderá atopar nos locais públicos de Barreiros.
A Xanela recolle novas coma que o BNG logrou a creación dunha comisión informativa sobre o seguimento das obras da autovía no Concello de Barreiros; as alegacións que o Bloque presentou ao trazado da liña de alta tensión de 400 kw por Vilamar; as preguntas que a formación plantexou en pleno relativas ás causas que motivaron o fallo no suministro de auga tras o último temporal e que o BNG conseguiu que o Concello de Barreiros elabore un regulamento que garanta a transparencia na concesión de subvencións. Esta renovado número de A Xanela tamén se fai eco de que a Área de Cultura da Deputación investirá 100.000 euros na 1ª fase da rehabilitación das Escolas Indianas de San Miguel e que clubes, escolas deportivas e asociacións do concello reciben 32.453 euros da Área de Cultura e Deportes que dirixe Antonio Veiga.
Na revista do BNG de Barreiros hai un oco para a foto denuncia e para lembrar algúns dos mitíns que se desenvolverán durante a campaña das eleccións autonómicas do 1 de marzo. O primeiro dos actos será o 14 de febreiro ás 19:00 da tarde en Vilamar; o segundo será no Teleclube de San Cosme o 19 de febreiro ás 20:30 horas e o terceiro en Celeiro de Mariñaos o 27 de febreiro ás 20:30 horas. Segundo Antonio Veiga “queda pendente algún acto máis do que iremos dando conta en breve. O BNG visitará os domicilios durante a campaña para pedir os apoios dos barreirenses de cara a conseguir máis avances para este concello a partires do vindeiro 1 de marzo”.