Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros afirma que o alcalde quere acabar coa Comisión de Seguimento da Autoestrada

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG ACUSA AO ALCALDE DE QUERER ACABAR CANTO ANTES COA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA A-8. OS NACIONALISTAS ESTÁN DISPOSTOS A SEGUIR TRABALLANDO ÚNICAMENTE COS OUTROS PARTIDOS DA OPOSICIÓN.

Barreiros, 4 de febreiro de 2009. O BNG de Barreiros critica a actitude que o alcalde, Alfonso Fuente, está a manter coa comisión de seguimento das obras da Autovía do Cantábrico (A-8). O edil Xesús Díaz di que “as intencións do rexedor son de acabar con esta comisión de seguimento o máis rápido posible e coa maior discreción para que non se enteren nin os veciños nin ninguén do que se está a facer. Non lle interesa que se estea a traballar desde a oposición polos intereses dos veciños de Barreiros”.

Os nacionalistas lembran que “na xuntanza constitutiva desta comisión aló polo mes de novembro de 2008 establecéronse uns plans de traballo e a alcaldía comprometéuse a poñerse en contacto con Fomento, coas empresas constructoras e coas asociacións veciñais para que fosen os propios veciños os fixesen chegar as súas queixas e suxerencias a esta comisión porque eles son os que mellor saben como están as obras e os problemas que lles poden ocasionar”. Xesús Díaz sinala que “para nós este punto relativo aos veciños foi primordial. Xa nós fixéramos algún traballo de campo porque algúns afectados xa se dirixiran ao BNG. Pois ben no pleno do pasado luns, o alcalde a preguntas que eu mesmo lle formulei dixo que non se dixiriu a ningunha asociación, nin tampouco ás empresas nin a Fomento e dixo que ía seguir facendo máis ou menos á súa maneira… que ía seguir facendo o que lle dera a gaña. Eu solicitei a acta do pleno, porque neste Concello as actas se nos dan con seis ou sete meses de retraso… Eso fora un compromiso do alcalde e dixo no pleno que non fixo absolutamente nada”.

No BNG “pensamos en dúas posibilidades. Ou deixar a comisión e tirar todo por terra ou propoñerlles aos outros partidos das oposición seguir con esta comisión sen o equipo de goberno, mandar escritos aos veciños para que nos fagan chegar as súas consultas e aqueles problemas que lles están a ocasionar as obras da A-8. Actuaremos deste xeito vendo que o alcalde negocia pola súa conta algunhas cousas”.

San Caetano

Díaz asegura que o alcalde “nunha das pistas de San Caetano, en Celeiro, quere cargarlle as obras para solventar un boquete que se produciu alí a Medio Rural. Él sin falar para nada coa empresa COMSA que é a que está a executar alí as obras da autovía dirixíuse a Medio Rural para ver si lle poden arranxar a pista cos cartos dos veciños de Barreiros e do resto da provincia de Lugo cando realmente Medio Rural non tivo culpa ningunha da desfeita nesta pista, senón que foi COMSA. Nós non temos nada en contra de COMSA e estámoslle moi agradecidos porque segundo nos din os veciños de Celeiro todo o que lles poden facer fánllelo sen problema como tajeas, cambios de augas…”.

O BNG de Barreiros pídelles aos veciños “que colaboren con nós porque esto é cousa de todos. Tentaremos reunirnos con eles a ver si entre os veciños e a oposición chegamos a acordos que fagan que as obras da A-8 vaian mellor”.

Exit mobile version