Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao PP de ensuciar a campaña electoral na Mariña con mentiras

NOTA DE PRENSA (FNC):

O BNG ACUSA AO PP DE ENSUCIAR A CAMPAÑA ELECTORAL NA MARIÑA COAS SÚAS MENTIRAS E FALSIDADES EN LUGAR DE ESTAR A PRESENTAR PROPOSTAS EN POSITIVO. OS NACIONALISTAS LEMBRAN O TRABALLO QUE REALIZARON EN MATERIA DE BENESTAR SOCIAL.

A Mariña, 13 de febreiro de 2009. O nº 3 da lista do BNG pola provincia de Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas, Manuel Praga, asegura que “o PP a través do seu portavoz Sr.Balseiro segue coas súas mentiras e falsificacións da realidade de moitos aspectos da Mariña en lugar de realizar propostas en positivo para esta comarca. Estánse adicando a ensuciar a campaña electoral”. Parga Nuñez sinala que “minte cando fala das supostas negativas do BNG a apoiar iniciativas para ampliar o Hospital da Costa, porque foi grazas precisamente ao Bloque que se aprobou unha proposta no parlamento por unanimidade para realizar un estudo da ampliación do hospital. En base a esa aprobación se fixo o plan funcional e está previsto acometer diversas reformas e ampliacións aprobadas, polo tanto está faltando á verdade”. O nacionalista di que “é certo que o PP presentaba demagóxicamente enmendas aos orzamentos da Xunta pedindo cartos e ampliacións, enmendas que eran inasumibles no seu momento. O plan funcional xa está feito e se vai desenvolver neste ano e nos seguintes e eso é o que queremos que se faga con dilixencia”.

Manuel Parga alude á visita cursada nas últimas horas polos populares á residencia de maiores de Burela “parece que agora se convertiron en técnicos e expertos en xeriatría, arquitectura e demáis. A reforma e dotación de material e a creación do centro de día é xa unha realidade. Investíuse máis dun millón de euros baixo a supervisión de persoal técnico. Agora os do PP parece que non só se adican a criticar senón tamén a poñer en cuestión a capacidade técnica e a profesionalidade dos que redactaron os proxectos e acometeron ditas obras”.

Os nacionalistas rexeitan as declaracións dos responsables comarcais do PP nas que aseguran que a residencia carece de portas nas habitacións. Parga lembra que “foi o BNG o que creou as prazas adaptadas coas que conta ese centro porque antes non había nin unha soa. E teño que dicir que sí que hai portas, outra cousa son as estancias dobres onde a división entre as dúas prazas non é fixa, pero por medidas de seguridade e seguindo as indicacións dos técnicos, ademáis está totalmente protexida a sú intimidade”. Manuel Parga segue a contar que “nestes momentos hai xente que non está en situación de dependencia e estáse a estudiar a mellora do sistema de división no interior desas habitacións tamén dobres, está en estudio e comprometido cos propios residentes”.

Manuel Parga nega que “durante o apagón do pasado mes de xaneiro se puxera en perigo a seguridade das persoas. Eso é unha auténtica falsedade, mentira e engano. As persoas maiores sempre tiveron salvagardada a súa seguridade porque había un grupo electróxeno que funcionou en todo momento. Esto foi unha mentira máis do PP que en lugar de realizar propostas só se adican a descalificar os traballos importantísimos que se fixeron desde o BNG en materia de benestar social e en atención ás persoas en situación de dependencia”. O candidato nacionalista acusa ao PP “de ter feito unha grande estafa porque a eles os maiores só lles interesaban como mercancía electoral e esa non é a nosa política, a política do BNG”.

Os nacionalistas suliñan durante a lexislatura “a creación de prazas adaptadas, de centros de día e de alzheimer na comarca e a residencia de maiores de Viveiro que xa está en obras. O PP só quere tapar e ocultar coa mentira o noso traballo e non o imos consentir”.

Exit mobile version