Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo quere expoñer ao público o proxecto de liña de alta tensión de Folgosa

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, enviou unha carta “á vista do escrito de alegacións que se ten formulado por unha pluralidade de veciños en relación á instalación prevista dunha liña de alta tensión para abastecer á subestación prevista de Folgosa en Ribadeo, por parte de E.on Distribución S.L de Santander”.

O rexedor pon no seu coñecemento os seguintes aspectos:

1º-Que con carácter previo á autorización municipal o proxecto ten que ser aprobado pola Consellería de Industria e Innovación, seguindo o procedemento previsto no RD 1955/2000 de 1 de decembro e normativa concordante que prevé unha exposición pública para a formulación de alegacións e suxestións por parte de todos os interesados.

2º-Que é intención desta Alcaldía, xa comunicada á Administración Autonómica que a fin de facilitar a información dos veciños afectados, que durante a exposición ao público, que a mesma tamén se efectúe no Concello de xeito que poidan acceder á información mais completa posible e no seu caso formular as alegacións procedentes, e tal efecto interesouse a coordinación da Consellería de Industria e Innovación cos servizos desta entidade.

3º-Que o momento concreto de acceso ao proxecto será polo tanto cando se efectúe a exposición pública por parte da Consellería, para o que terá que ser informado previamente polos técnicos da mesma.

Exit mobile version