RIBADEO (FNC) .. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convocou para mañá ás 18:00 horas á xunta de voceiros co fin de falar do mercado semanal dos mércores e do seu futuro.
Suárez Barcia quere facer esta xuntanza á vista da ausencia de propostas formais por parte do resto de grupos da Corporación que, si ven nos diferentes medios de comunicación avogaron por diferentes saídas a esta situación, o certo é que a día de hoxe non hai propostas en firme presentadas no rexistro oficial de entrada do Concello de Ribadeo.