Suárez Barcia asinou “unha serie de decretos que recibirán nos vindeiros días os vendedores ambulantes que se instalan no mercado de Ribadeo. Ese decreto renóvalles a aqueles que teñen presentada a documentación completa correspondente ao 2009, renóvalles a autorización administrativa para seguir montando no mercado semanal. Dito decreto pídelles documentación aos que a teñen incompleta para que poidan subsanala e así operar no mercado de Ribadeo neste ano e hai unha parte que é a máis importante á que segundo o artigo 23 da ordenanza vixente se lle abre un expediente contraditorio con carácter previo por incumprimento de obrigas, fundamentalmente de pagos, o que daría lugar se non actualizan as débedas co Concello á extinción da autorización administrativa para poderse instalar en Ribadeo durante o 2009”.
O rexedor engade que “se abrirá un período de tempo, quince días a partires da recepción dos decretos, para que poidan presentar alegacións, pero se non satisfan as débedas pendentes, segundo a ordenanza, non se poderán instalar durante este 2009 e non se lles renovará a autorización por un período de tempo importante”.