Site icon Crónica3.com A Mariña

Protección Civil rescatou a un neno que quedou solo nun piso en Burela na noite do sábado

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, únese ás felicitacións da Garda Civil “pola actuación que Protección Civil protagonizou esta fin de semana nun piso do nº 90 da rúa Arcadio Pardiñas”. Segundo relata o propio rexedor “alí atopábase só pola noite un neno de 11 anos que colleu medo e que pasou todos os pestillos que tiña a porta de acceso á vivenda. Ao chegaren os seus pais e ver que a porta non abría, comezaron a tocar o timbre e como o rapaz non respondía decidiron chamar á Garda Civil e esta á súa vez alertou a Protección Civil. Os seus membros accederon ao piso a través dunha ventá e atoparon ao neno semiinconsciente tirado no chan. Despois foi trasladado ao Hospital da Costa, onde lle diagnosticaron intoxicación por inhalación de gases procedentes dun forno que había na cociña. O neno de 11 anos, segundo a versión dos seus proxenitores, quedou só durante un breve espazo de tempo vendo a televisión mentres eles facían un recado”.

A actuación de Protección Civil de Burela produciuse ás 00:30 horas do 15 de febreiro (noite do sábado ao domingo) “sete minutos despois de seren avisados pola Garda Civil”.

Exit mobile version