Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela considera que a obra complementaria de Torrentes estea rematada a fin de mes

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, estivo a visitar esta mañá as obras complementarias de Torrentes para ver como marchan eses traballos. O rexedor asegura que “xa se realizou o 99% dese separativo de augas pluviais e residuais. Queda agora un tramo pequeno para cruzar a rúa Arcadio Pardiñas, son uns 100 metros os que restan para rematar a obra, pero hai unha certa complexidade”.

Llano engade que “por alí pasan liñas de alta tensión, fibra óptica e outras canalizacións…. Esa complexidade obrigaranos a facer a obra con moito coidado para non danar nada do que hai. Por eso quero pedirlles paciencia ós veciños porque en canto remate esta obra recuperaranse os asfaltados, pintaráse a rúa…e todo quedará perfectamente rematado”.

O alcalde de Burela considera que “hai que garantir que todo quede perfecto e en bo estado. Ó final todos estaremos contentos con esta importante obra que será moi boa para o conxunto de Burela”.

Fondo estatal

Alfredo Llano tamén ven de anunciar que a vindeira semana estarán listos os priegos de condicións para licitar algunhas das 15 obras que se farán con cargo ós fondos estatais de inversión e que xa contan co visto bo do Goberno. O alcalde conta que “hai algunhas obras menores que son de acceso directo como pode ser, por exemplo, a reposición de alumeado público en varias rúas de Burela e tamén se fará en breve a rehabilitación do edificio multiusos”.

Exit mobile version